Cuentos de humor y horror

29.04.2023

Clube de lectura semanal

Do 20 ó 27 de abril

Nota: 6,28

Estes breves contos de Edward Hugh Munro, alias Saki, cheos, como o seu título indica, de humor e de horror, pero tamén de nenos malvados, de gatos, de hienas, de porcos, de trens, de bispos e curas e de damas e cabaleiros ingleses desquiciados, tiveron un éxito irregular entre as usuarias do clube de lectura semanal. 

A pesar do carisma inneglable de Clovis, ca súa personalidade flemática e descarada, o relato que todas atoparon máis divertido foi o do home extremadamente tímido, que intenta desfacerse dun rato que se lle meteu no traxe desnudándose diante dunha muller que o acompaña no mesmo compartimento de tren.

O humor satírico de Cuentos de humor y horror, herdeiro de revistas como Punch (no caso español, as usuarias mencionaron o caso de La codorniz) resultou desconcertante e violento, polo que, para moitas, os contos tendían máis ó horror que ó humor, resultándolles especialmente desagradable a visión da infancia que o autor nos transmite neles.

Clubes de lectura do Ensanche © Tódolos dereitos reservados 2022
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar