Lecturas Outubro 2022 a Xuño 2023

O gran clásico de Fitzgerald obtivo unha moi boa puntuación entre as poucas integrantes do clube que sobreviviron a este último mes antes das vacacións veraniegas. O libro, baseado na relación que o propio Fitzgerald tivo con Ginevra King, fálanos do soño americano, de luxo e de despilfarro e da irresponsabilidade e a superficialidade que conleva.

Nestas dúas últimas semanas estivemos a ler Ao pé do magnolio, unha novela da escritora mindoniense, Marina Mayoral. Nas súas páxinas, Paco, o protagonista, reflexiona sobre a súa relación con Laura a través das conversas que mantén cunha novelista interesada en coñecer a súa parte da historia e coa propia Laura, enterrada ao pé do magnolio do pazo...

Un aprobado raspado para esta novela curta de Antón Riveiro Coello na que describe o seu primer amor adolescente no marco da súa vila natal, Xinzo de Limia. A pesar de que houbo bastante consenso en louvar as súas habilidades como escritor e o seu uso dun vocabulario preciso e doado de entender, o certo é que a...

Esta historia sobre segredos familiares longamente ocultos, sobre relacións amorosas e matrimonios presentes e pasados, sobre silencios inexplicables e sobre as consecuencias inesperadas do que decimos, convenceu @s lector@s do clube quincenal, acadando, desta volta, un notable alto.

Esta primeira historia do libro de Doris Lessing conseguiu desconcertar por completo ás lectoras do Clube semanal. A impactante amoralidade das dúas protagonistas e as súas relacións cáseque incestuosas cos seus fillos perfectos, unida ó desprezo que amosan hacia o resto da humanidade fixo que este relato, a pesar da súa calidade literaria, non...

Estes breves contos de Edward Hugh Munro, alias Saki, cheos, como o seu título indica, de humor e de horror, pero tamén de nenos malvados, de gatos, de hienas, de porcos, de trens, de bispos e curas e de damas e cabaleiros ingleses desquiciados, tiveron un éxito irregular entre as usuarias do clube de lectura semanal.

Pereira, un xornalista solitario, rodeado de xente hostil, que fala coa foto da súa muller finada, admirador de autores franceses, católico, obsesionado coa limonada, coas "omelets ás finas herbas" e coas garabatas, acomplexado polo seu corpo (razón pola cal sempre pide un bañador de corpo enteiro) conseguiu seducir ás usuarias do clube semanal....

Malia que algunhas non foron quen de pasar das primeiras páxinas do libro e da escasa afluencia que houbo, a novela de Marta Sanz deu para unha amena sesión de clube de lectura.

Ler poesía e saír dos límites da nosa zona de confort, foi idea de E., unha das usuarias do clube. Era preciso escoller un libro, así que me decidín por este por dous motivos: o primeiro é que Xela Arias é unha poetisa galega e o segundo, polo feito de que se lle adicou a ela hai un par de anos o Día das Letras Galegas....

Esta novela policíaca de Manuel Esteban, que nos introduce no descoñecido mundo das persoas con Síndrome de Down, resultoulles atractiva e interesante a gran parte d@s lectores do clube quincenal., pola súa visión tan humana da discapacidade e dos problemas de rexeitamento social que, desgraciadamente, a acompañan sempre.

Clubes de lectura do Ensanche © Tódolos dereitos reservados 2022
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar